Friday, September 08, 2006




Xa fun probalo telescopio! e sacar fotos a pulso!.
Lugar: Encoro de Cecebre.

Camiño do encoro de Cecebre:
Pois eso, funme a probar o telescopio como Deus manda. Alistei a un amiguetena aventura, o "Pichi", e dirixímonos ó encoro de Cecebre. Non sen antes perdernos intentando buscar o novo obserbatorio da zoa de Crendes (Sempre que imos con Pichi...nos perdemos..!!!), así que acabamos no antiguo observatorio, ,na zoa de bosque asolagado,ó final do encoro. O asunto pintaba feo, o concello había tempo que non limpa a maleza de diante do observatorio e non se veía un pito.
Decidimos que tiñamos que baixa abaixo, ó pé da auga, para poder observar algo co trebello do Telescopio....e Zas!, mala sorte!; isto supuxo escorregar todo bicho vivinte que estaba a descansar por alí ó ver os caretos de Pichi e máis eu.

Toma de contacto co telescopio:
Tomándoo con calma e pensando que algún paxarraco voltaría, sacámolos trebellos, e dispuxémonos a observar. Vimos uns andaríos (Actytis hipoleucos), ánades reais (Anas platyrrhinchos), lavandeiras (Motacilla alba) e Zampullín chico (Tachybaptus ruficollis).
Provei entón a tiras unhas fotos co telescopio á man alzada.

Tirando unhas fotos traveso do teles a man alzada:
Pichi deixárame unha cámara do seu pai, unha minolta compactiña (non me lembro o modelo) de 9 megapix, e probei a tirar unha fotos á man alzada. Eu tiña esperiencias coa miña antigua canon powershot A80, e dende logo , era máis fácil. Probei a facer unhas cantas, e dende logo non me saiu nada productivo de alí; así que me espero a que chegue a miña nikon D50 o consiga a denostada canon A95. Conclusión: a man alzada é complicado, amigos.

Rastro dunha lontra:
O bo do asunto, é que ese mismo sitio, había pegadas de lontra (Lutra lutra) por doquier, que vos ilustro na foto. Así que pode ser un bo lugar no futro para facer unha observación dela.

O novo Observatorio:
Dende ese mesmo punto, e coa axuda do telescopio:....tachan!, xusto case enfronte, pero un pouco máis a esquerda, está o observatorio de Crendes, que logo fomos pero estaba pechado (penso que haberá que preguntar na aula da Natureza de Crendes, que abre os venres, sabado, e domingos de 4 a 7 da tarde)

No comments: