Monday, September 04, 2006

Moi boas, preséntome:
Son Xacobo de Toro, un biólogo con demasiadas inquetudes , como ben dicía a miña nai. Entre elas, a fotografía, unha das miñas pasións, xunto a de convencer a miña moza, de que os bichiños e arañas son criaturiñas de deus que temos que deixar en paz.
O caso é que desaconsellando ós saudabeis consellos da miña rapaza e familiares, e despóis de ter invertido recentemente nunha réflex dixital, deume por mercar un telescopio terrestre, para facer Digiscoping. Que claro está, é unha técnica de fotografía que está no seu xérmolo; para os que non sabedes, consiste en sacar fotografías valéndose dun telescopio e por medio dun adaptador, quefai de nexo entre cámara e telescopio.
Na rede había algo de información, pero non demasiada, por iso penso escreber esta bitácora, dos meus comezos, para contar impresións , aventuras e colgar as miñas fotos favoritas, e a xente que se inicie, xa sabe o que lle espera.

O telescopio :
Hai moitos no mercado, soábanme marcas como os zeiss, swarovski, Nikon, Leica, pero non sabía as prestacións que íanme a dar. Entón foi cando atopei as páxinas:
http://www.avesdeburgos.com/
http://www.fotodigiscoping.info/ (moi boa, cun foro de yahoogroups xenial)
http://www.fotodigiscoping.info/
E comencei a enterarme dos modelos, prezos...etc
Púxenme en contacto cunha rapaza chamada Begoña de preto de Santiago (que coñecín por medio do foro arriba mencionado)que vendía o seu Swarovski 65 hd con funda de segunda man. Ofreceume quedar para probalo e...zas!, primeiro día que cae entre as miñas mans un trebello destes e un Martín pescador dáselle por pasearse a escasos 20 m de nós...e claro, aquelo dicíame que tiña que ser meu tarde ou temprano. A calidade coa cal veía o paxariño era increíble, non era como a imaxe vacilante dos meus xa veteráns primáticos Olympus 10x50, senón que era próxima, real, cunha gama de colores increíbles...máis que na película de Amelie!.
O final merqueino, o corpo coa funda. O ocular e o adaptador para fotografía tiña que mirar en máis sitios.
Púxenme a mirar tendas en internet e atopei:
www.opticaroma.com
http://irudifoto.com/
www.fotocinecolor.com , que foron os millores precios de largo para swarovski, chegou en 2 días, e o tío que leva a tenda; Jesús, é fenomenal. Moi recomendable.
xa só me faltaba ir a probalo!!!

No comments: