Monday, January 22, 2007

Aguia escadora
(Pandion haliaetus)







Onte Domingo decidín baixar o meu can polo encoro de Cecebre. Fun coa miña media mandarina (máis doce que as laranxas) Elena e co telescopio, a ver se deixábase ver a aguia pescadora.



Como cada vez que vou a intentar vela, algo pasou. Desta volta quedárame o trípode na casa....oh que raro!!!, eu cun despiste??, en fin teño que contratar a tarifa plana 24 h adsl para as miñas neuronas e abandoar definitivamente os 56 kb/s ó que me andan agora mesmo.



Así que fixen de tripas corazón e fomos Elena, o can e máis eu a dar unha volta cos prismáticos a ver que se deixaba ver,



Segundo chegamos vimos a Xabi Varela:









Aquí o tendes, a xente dubida de se Xabi é o complemento do telescopio ou viversa. Se algún día tendes unha dúbida de paxareo e atopádelo polo campo, é o home indicado para sacarvos de dúbidas. Sábeo TODO!, e fai contaxes de todo bicho vivinte con ás. Recoméndovos o seu BLOG: http://avesenelnoroestedeacoruna.blogspot.com/


O caso é que él si tiña telescopio. e informoume coma non, do bicherío existente ese día no encoro de Cecebre. Ademáis de un porrón bastardo, que parece ser daba un pouco a lata a súa identificación, e dunha cigoña medio morta de frío, andaba por alí a aguia pescadora. Buscámola e efectivamente.!!! Tireille unha foto a pulso polo telescopio:




Estaba nas árbores que emerxen fora da auga na cola do embalse.
Así que xa tentarei afotala noutra ocasión , espero que con mellor sorte.

Un saúdo!!

No comments: