Wednesday, May 02, 2007

Cegoñas en Cospeito.
(por San Blas a cegoña verás)

Esta entrada está adicada as cegoñas do meu tío Felipe Cacharrón.
Hai xa uns anos que as cegoñas veñen morando nas proximidades da Lagoa de Cospeito (Terra Chá, Lugo), entre elas unha parelliña que decidiu aceptar as bonanzas gastronómicas que ofrecen os herbazais de Cospeito: ras , ratos, e bichería variada que fai tolear a avifauna máis pintada ... A mencionada parella ven aniñando nunha vella árbore sita nun prado do meu tío. A mala sorte entrou en xogo e fixo que esta árbore rematara os seus días deixando a estas aves sen casa ónde voltar a aniñar nos finais do inverno.
O meu tío, que é un artista e apaixoado da natureza decidiu entón, en encomiable laboura humanitaria, rascar o fondo dos petos e deseñar unha plataforma para que estas belas e singulares aves poideran retornar ós seus dominios. O resultado non se fixo esperar, nunha apaixoante manobra de conservación e protección do medio ambente, que será realatada polo propio autor como firma invitada neste foro en breve, as cegoñas decidiron adoptar a plataforma metálica verde como súa e escomezaron a carretar carabullos para confeccionar o niño.
En espera das fotos do proceso da montaxe da plataformo déixovos cunhas fotos da femia chocando os ovos. As fotos foron sacadas co meu equipo de digiscoping, pero debido a que chovía e era ó final do día a calidade non é moi boa.
Espero que gostedes delas.
Nesta foto pódese apreciar que a plataforma tena suficiente altura como para garantir a seguridade da parella.

Nestas fotos vese o plácida que está femia controlando o niño dende as alturas. Variando cada certo tempo de posición...esto de chocar os ovos ten que ser un pouco tedioso. Mentres que pasa o tempo seguro que pensa ónde andará metido a súa parella, e porqué tarda tanto en traerlle esas ancas de rá que lle prometera...hai cousa que non cambian nin coa especie, je, je.
Poe apreciacións do meu familiara chegada do macho non soe pospoñerse máis alá das 9 da tarde . Aínda que o día da miña visita prolongouse non aterrou nél ate as 9:45.


No comments: