FOTOS RIRADAS CON PRISMÁTICOS
O digiscoping pode facerse co que haxa a man e un pouco de inventiva.
De feito, eu comecei cuns prismáticos olympus 10 por 50 e unha compacta canon A80. Fixéralle un adaptador de corcho para acoplar a cámara ó ocular dos prismáticos...e tira millas.
Posteriormente, descubrín que os meus prismáticos podían unirse a un trípode cun adaptador de 10 eu, co que a estabilización gañou en calidade. Eso sí, deixade o enfoque da cámara en automático e enfocade cos prismáticos.
Para mostra un botón.
Aquí poño algunhas fotos feitas deste xeito, e que para dar un cita ou testemuña dunha especie, penso que valen. Ambas están sacadas na Ría do Burgo (A Coruña), a primeira a uns ostreros e a segunda a un charrán (Sterna sandvicensis).
A Animarse!!
No comments:
Post a Comment